jueves, 17 de abril de 2014

Día da Xuventude en Sigüeiro

 
Os veciños de Sigüeiro, en Oroso, tamén celebran esta noite a súa Festa da Xuventude. A verbena correrá a cargo das orquestras OLYMPUS e FUNÇAO PUBLIKA.

Festa da Xuventude en Malpica de Bergantiños

 
A localidade de Malpica de Bergantiños acolle esta noite a súa Festa da Xuventude. Dende as 20h haberá festa para os pequenos cos vocalistas de El Combo Dominicano e deseguido 1º Encontro de Fans da citada formación canaria. A verbena comezará ás 23:30h co grupo METRÓPOLIS, os vocalistas de EL COMBO DOMINICANO e a discoteca móbil Boga Boga.

miércoles, 16 de abril de 2014

I Festa da Xuventude en Traba


Os veciños de Traba, no concello coruñés de Laxe, tamén celebran esta noite a súa I Festa da Xuventude. A verbena correrá a cargo da orquestra CANADÁ, o grupo ALASKA DELUXE e a discoteca móbil Traffic.

Agora si: I Festa da Xuventude en Iria Flavia


A localidade de Iria Flavia, en Padrón, celebrará esta noite a súa I Festa da Xuventude, tras ser aprazada o venres 4 de abril por mór da choiva. A verbena correá a cargo das orquestras CHARLESTON BIG BAND e MARBELLA, e despois haberá discoteca móbil e gogos.

4ª Festa da Xuventude de Antas de Ulla

 
Os veciños de Antas de Ulla disfrutarán esta noite da súa 4ª Festa da Xuventude. Dende as 17h haberá festa infantil con animadores, actuacións...; a partires das 19:30h arrancará a ruta polos bares do pobo, dende as 22:30h haberá cea popular e deseguido verbena con PARÍS DE NOIA e FILADELFIA.

Macrofesta en Ambroa


A localidade de Ambroa, en Irixoa, celebra esta noite unha espectacular macrofesta. A partires das 21:30h haberá cea (empanada, lacón asado con patacas, bola de anís con queixo, viño, auga e café con gotas por 15€/persoa), deseguido pantalla xigante para ver a final da Copa do Rei e por último verbena coas orquestras OLYMPUS e ISMAEL e os Dj´s Manu López e David Expósito.